Paginas Recomendadas
-
Flan de QuesoHace 7 meses
-
Remata a nosa obra maestraHace 14 años
-
Subida VigoHace 14 años
-
Lorenzo,como una balaHace 14 años
-
mundial constructoresHace 14 años
-
Nuestros looks preferidos de sexo en Nueva York.Hace 14 años
-
Javier Pastore.Hace 14 años
-
Zapatero sucumbe al chantaje del capitalismoHace 14 años
-
-
-
viernes, 21 de mayo de 2010
O Faisán Común
viernes, mayo 21, 2010 |
Publicado por
adrian |
Editar entrada
Faisán común
O faisán común (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde das galliformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo home en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.
Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:
* o faisán común Phasianus colchicus colchicus
* e o faisán común Phasianus colchicus torquatus, ou faisán torcado, caracterizado por un anel branco na base do pescozo dos machos.
Características físicas
O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha cauda moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os machos teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.
As femias son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.
Comportamento
Os machos son polígamos e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos matos, e aliméntanse de gran, follas e pequenos invertebrados, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das árbores. Aniñan no chan, cunhas postas de ao redor de dez ovos entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.
Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.
Orixe e distribución
A especie é orixinaria de Asia, pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os gregos, e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en Roma. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da Idade Media. En Gran Bretaña introducíronse no século X, extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do século XIX, con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do XX (México, Chile...).
En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a Ourense, así como na raia portuguesa e na montaña interior (Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de Sanxenxo e O Grove. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como especie cinexética e sempre dentro de coutos. Na produción agrícola, en España había en 2003 unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a Cataluña.
Gastronomía
A carne do faisán é menos aprezada cá da perdiz. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o polo ou o pato.
A carne ten un escaso contido en sodio, polo que se lles recomenda aos hipertensos, e constitúe unha fonte importante de fósforo e vitaminas do grupo B.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario