viernes, 4 de junio de 2010

Oso Polar

Distribución

O oso polar é un animal do hemisferio norte que habita o círculo polar ártico. Pódese atopar no Alaska, no Canadá, na Grenlandia, na Rusia e no arquipélago noruegués de Svalbard. O habitat natural do animal é a capa fina de xeo, onde lle é posíbel cazar focas. Está perfectamente adapadto para a vida no xeo, sendo encontrado durante o inverno nos mares conxelados de Chukchi e Beaufort ao norte do Alaska, mares Siberiano Oriental, de Laptev e de Kara na Rusia e no mar de Barents ao norte da Europa. Son comúns tamén na porción norte do mar da Grenlandia, na baía de Baffin e en todo o arquipélago Ártico canadense.

Apesar de diminuir o seu número a partir do paralelo 88°, os osos polares poden ser encontrados virtualmente en todo o Ártico.

Hábitos



Esta especie concéntrase xunto á costa, toda vez que depende das auga para encontrar as súas presas. Os osos polares son excelentes nadadores e poden percorrer até 80 km sen descanso. Algúns animais migran desta forma do Norte para o Sur seguindo as marxes das xeleiras, mais poden desprazarse tamén por terra firme. O oso polar é un animal de hábitos diúrnos e carácter solitario.

Os machos adultos, como noutras especies, poden atacar e matar fillotes. As femias deféndenos mesmo frente a un macho que mida o duplo do seu tamaño. Aos seis meses de idade, un fillote é capaz de fuxir correndo dun adulto.

Os territorios, moitas veces enormes, non son defendidos. A pesar de non seren sociais, os osos son capaces, con todo, de dividiren unha carcasa de balea sen maiores conflitos.

Debido á abundancia de comida mesmo durante o inverno, o oso polar non hiberna no sentido estrito da palabra: entra nun estado de dormencia, no cal a súa temperatura corpórea non cae, pasando a subsistir das súas reservas de graxa corporal.

Os osos polares son animais moi preocupados coa propia hixiene. Despois de cada comida, dedican uns 15 minutos para eliminar a suciedade. Para se limparen, usan as patas, a lingua, auga ou neve. Isto débese ao feito de que a suciedade interfere coa capacidade de illamento térmico da pelaxe.

Reprodución

Os osos polares reprodúcense entre os meses de marzo e xuño, con implantación diferida dos óvulos fecundados, de modo que o período de xestación se torna moi longo, entre 200 a 265 días, variando de acordo coas condicións ambientais.

As crías nacen entre novembro e xaneiro, no abrigo invernal construído pela femia, e non se separan da nai até completaren dous anos de idade. Nacen cegas e pesando moi pouco en relación ao peso adulto, sendo un dos fillotes menos desenvolvidos dos mamíferos euterios. As femias teñen catro mamas funcionais, mentres que nas outras especies presentan seis. Poden xerar até catro fillotes por xestación, ainda que a media sexa de dúas crías.

As femias están aptas para a reprodución unha vez cada tres anos, sendo un dos mamíferos con menor capacidade reprodutiva. Calcúlase que a osa polar ten só cinco niñadas na súa vida.

Atinxen a madurez sexual entre os 5 e 6 anos e en condicións naturais, viven unha media de 15 a 18 anos. Algúns animais selvaxes marcados tiñan un pouco máis de 30 anos. Un espécime do zoo de Londres morreu aos 41 anos.

Dieta

De todos os osos, o oso polar é o máis restritamente carnívoro. A dentición lembra máis a de carnívoros acuáticos que a doutros osos. A súa principal presa é a foca (en especial a foca anelada), a cal tenta capturar cando emerxen en buracos no xeo para respirar. A súa taxa de éxito, con todo, é baixa. Só o 5% das tentativas teñen éxito. Un oso experimentado captura unha foca cada cinco días, o que lle proporciona enerxía suficiente para 11 días. Alén do método de tocaia, o oso polar emprega tamén o método de persecución para cazar, aproximándose moi lentamente á vítima e disparándose nos 15 m finais, a unha velocidade de até 55 km/h.

Aliméntase tamén de aves, roedores, moluscos, caranguexos, morsas e belugas. Ocasionalmente caza bois almiscrados e até mesmo, ainda que raro, outros osos polares.

Oportunista, a especie pode comer carniza (como baleas encalladas) e materia vexetal, como raíces e bagas no final do verán. No depósito de lixo en Churchill, Manitoba, observáronse comendo, entre outras cousas, graxa e aceite de motor.

O oso polar é un nadador e un corredor capaz, o que o torna un cazador eficiente tanto na auga como na terra firme.

Esta especie é extremamente perigosa para o home, que encara como presa, especialmente se non houber abundancia dos seus alimentos habituais. Na Illa de Baffin, por exemplo, os xeólogos fan os traballos de campo armados de cazadeiras como medida de protección contra os osos polares.

Ao contrario da crenza, nunca foi observado que o oso polar, en busca da camuflaxe perfeita, esconda o fociño cando está cazando.

Conservación

O oso polar é citado pola CITES como de baixo risco de extinción. Porén, algúns factores poden mudar esta situación para peor.

O encollemento das capas de xeo e o prolongamento do verán están a obrigar os osos polares a buscaren comida en lugares habitados, colocando a especie en conflito co home. En 2005, afirmouse ter visto un total de cerca de 40 osos nadando centenas de quilómetros en busca dalgunha capa de xeo flotante á cal puidesen subir.

Os pobos índixenas do Ártico cazan o oso pola súa graxa e pel. Canadá permite a cazar aos estranxeiros, se van guiados por un inuit na súas zorras de cans. A pesar de florecente no século pasado, este tipo de actividade está en declive actualmente. O interese polas peles de oso diminuiu, así como os seus prezos. Unha pel que se vendía por 3.000 dólares atinxe hoxe o prezo máximo de 500 dólares.

Certas actividades humanas como a exploracion de gas e petróleo, o turismo, a pesquisa científica e deportes na neve perturban o animal no seu ambiente. A contaminación ambiental é outra ameaza. Estando no cumio da cadea alimentaria, o oso polar concentra substancias tóxicas no seu organismo. A cantidade de metais pesados e hidrocarburos clorados mostra unha curva ascendente en mostras de tecidos.

Os derramamentos de petróleo tamén afectan os osos polares. O petróleo é altamente tóxico e de lenta decomposición, sendo inxerido polo animal cando este se alimenta ou executa o seu aseo.

A poboación actual de osos polares estímase entre 22.000 e 27.000 individuos, o 60% dos cales viven no Norte do Canadá.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog